-
Aínda que temos contratado un servizo de envíos 24H, debido ao forte volume de envíos que experimentan as compañías de transporte este prazo pode verse aumentado, pero xeralmente nas primeiras 24/48 h están a entregarse o 95% dos pedidos, ampliando ata 72h casos puntuais.
-
Sí, a nosa web está operativa 24h/7días da semana para realizar pedidos, pero as empresas de reparto non recollen os paquetes en fin de semana, polo que os pedidos que se realicen durante estes días poñeranse ao dispor das compañías o seguinte día laboral.
-
- Rexistrado
- Pedido realizado e pagado correctamente.
- Recibirás un mail có recibo do pedido.
- Remesa
- O teu pedido foi envasado e está listo para enviar.
- Envasamos os produtos diariamente segundo os pedidos realizados para mellorar a súa conservación e agrupámolos en lotes para axilizar o traballo das compañías de transporte.
- Notificamos á compañía de transporte para a súa recollida.
- Completado
- A compañía de transporte recolleu o teu pedido nos nosos almacéns e a continuación iniciará o proceso de envío.
- Recorda, 48/72h dende que sale dos nosos almacéns
- Notificaremos por email cando esto suceda e adxuntaremos a factura do pedido.
- Rexistrado
-
Sí, dende outubro do 2021 tamén ofertamos variedade Kennebec nos nosos formatos de 10 e 20 kgs
-
Na nosa comarca, A Limia, só realizamos unha colleita anual, xeralmente nos meses de Setembro e Outubro. A partir da recolección as patacas consérvanse en almacéns con temperatura e humidade controlada que nos permite servir patacas ata finais do mes de maio en boas condicións. As compras realizadas chegada esta data deberían estar orientadas para o consumo do produto dentro dós 30 días posteriores, non podendo garantir a súa correcta conservación a partir de finais de Xuño xa que estas patacas non levan ningún tratamento químico para a súa conservación.
-
Na nosa web dispoñemos dunha zona exclusiva para os nosos clientes rexistrados onde unha vez realizada a compra poderás comprobar o estado do teu pedido e facer as reclamacións pertinentes abrindo directamente unha incidencia sobre o propio pedido, axilizando así o proceso de resolución da mesma. Isto permítenos crear unha resposta moito máis rápida e directa ao dispor de todos os datos do pedido ao momento, facilitándonos incluso a posibilidade de xerar un reembolso de forma instantánea se fose necesario.
-
Os nosos envíos limítanse a toda España exceptuando as Illas, Ceuta e Melilla, xa que, entendemos que enviar un dos nosos paquetes por mensaxería a esas localizacións resulta excesivamente caro e lento polo que a oferta non sería competitiva nin viable. Para pedidos conxuntos ou demais cuestións referentes a envíos ao estranxeiro non dubides en poñerte en contacto connosco a través do formulario na nosa web.