Preguntas frecuentes Limiagro

  • Limiagro é a nova plataforma de venda online que poñemos á vosa disposición para ofrecervos o mellor de nós.

    Hai uns meses iniciabamos unha plataforma temporal con iniciativa solidaria, coñecida como  solotipodesaxudarnos.org, onde tentabamos dar saída ao exceso de a nosa colleita de pataca 2019/2020, e doabamos o 10% das vosas compras a organizacións benéficas e bancos de alimentos. 

  • Pois pretendemos, dalgunha maneira agradecervos todo o apoio que recibimos en  solotipodesaxudarnos.org e devolvervos ese afecto co mellor dos nosos produtos, o mellor de nós.

    Fostes moitos os que nos suxeristes (E seguídelo facendo) que, por favor, volvésemos poñer en marcha a venda directa ao consumidor na nova campaña e así o imos a facer. Esperamos estar á altura e tentar mellorar a vosa experiencia connosco.

  • En xuño de 2020, despois dun mes de vendas na antiga plataforma, vímonos obrigados a parar o sistema de envío debido ás altas temperaturas e non poder garantir a calidade das entregas do produto a pesar de que aínda nos quedaban moitos kgs.

    Como xa deciamos anteriormente, seguindo as vosas peticións, aquí estamos. Inicialmente seguiremos ofrecendo o mellor de nós, Pataca Agría, nos formatos de 10 e 20 kgs aínda que non descartamos novas incorporacións...

  • Seguimos sendo  Agrimanso S.C unha sociedade formada por unha familia de produtores de pataca naturais de Xinzo de Limia con máis de 30 anos de experiencia no sector. Contamos con máis de 70 hectáreas destinadas á produción de pataca e cereal nas que controlamos todo o proceso produtivo.

    • Intentamos mellorar o rendementoda tenda.
    • Mantivemos a sinxeleza do proceso pero mellorando a calidade e seguridade de todo o sistema.
    • Queremos premiar aos usuarios recorrentes, polo que agora poderedes ter vosa propia conta de usuario onde ver todos os pedidos e reutilizar as vosas direccións de envío para simplificar aínda máis o proceso de compra.
    • Engadimos multiidioma á web
    • E por último e non menos importante intentamos manter os precios o máis aproximados á oferta do mes de maio 2020, renegociando ó máximo todos os costes intermedios do proceso.
  • Tomámonos as molestias de manter os datos dos pedidos realizados en  solotipodesaxudarnos.org e organizado os pedidos nas diferentes contas de usuario.

    Por eso, os clientes de solotipodesaxudarnos.org recibiron un correo que os permitía activar a sua conta e acceder a estos datos. Se detectades algún erro non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do formulario de contacto ou directamente desde a dirección de correo electrónico info@limiagro.es